Xestreu

Xestreu nace no ano 2001 coa intención de traballar no eido da recuperación das vellas cantigas de raigame popular.

Na percura de raíces, leva a cabo un traballo de recollida de cantares e romances de tradición oral, interpretan ademáis outras pezas recollidas por grupos de outras nacionalidades, co afán de abranguer co seu repertorio un amplio abano de ritmos do mundo, sempre dentro da música tradicional.

Este grupo de mulleres fan un percorrido, coas súas voces, polos ritmos tradicionais, mergullándose nos cantos dos pobos. Coa sinxeleza do auténtico van degrañando cos seus cantos melodías de tradición oral transmitidas ó longo de xeracións.

Ainda que no seu comenzo estaba formado por 9 compoñentes, na actualidade son 5 as mulleres que integran Xestreu e a menudo contan coa colabaoración de José Antonio Varela co Saxofon e de José Miguel Gómez na percusión

Teñen actuado en distintos puntos da xeografía ourensá, en Pontevedra, Vigo, Salamanca, Na TVG, No Festival de Ortigueira na súa edición do ano 2004, en Portugal, etc.

No seu repertorio figuran pezas tradicionais dos Carpatos ucranianos, O Magreb, o Piamonte italiano, México, da cultura Cherokee, Sefardís ou portuguesas, así como unha numeroso mostra de cantigas tradicionais galegas recollidas polas propias componentes do grupo.

© Xestreu - Todos os dereitos reservados
 
ACV Galaica